Sabemos que se acaba de aprobar no Congreso a modificación da Lei de Costas, que vai impedir definitivamente a recuperación da Ría, das nosas praias, da calidade de vida e da economía da comarca.
A plataforma Change.org creou un manifesto dirixido á Xunta de Galicia para que se impida a prórroga da empresa ENCE, e que abandone a ría de Pontevedra antes do 2018. Aqui vos deixo o enlace, que ademais presenta a mellora respecto das anteriores de que pode ser lida en galego, e non só en castelán.
Ecoterra do Miño
Con este blog pretendemos dar a coñecer as consecuencias do cambio climático e os beneficios que pode aportar, tanto a nós como ao medio ambiente, cambiar os nosos costumes en favor da ecoloxía e a vida "eco"
xoves, 6 de xuño de 2013
venres, 24 de maio de 2013
Somos novos mais non parvos.
Vivimos nun mundo con exceso de información. Podemos enterarnos do que pasa en todo mundo e en todo momento, pero sorprendentemente non nos enteramos do que pasa ao lado da nosa casa. E, máis sorprendentemnte, as cousas difúndense aínda menos se polo medio anda algún partido político, empresa, ou organismo estatal de importancia.
Isto mesmo sucede coa bomba da megaminería en Galicia, da que apenas se sabe nin se fala en ningures, pero que nos afecta a tod@s @s galeg@s de primeira man.
Desde unha páxina de internet crearon un manifesto en contra deste futuro homicidio medioambiental, dirixido ao Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo. O manifesto está acompañado dun vídeo informativo e danos a oportunidade de asinalo. Fan falta moitas sinaturas máis, animádevos! Non deixedes que vendan o país, coa auga e coa vida non se negocia!
https://www.change.org/es/peticiones/que-no-arrasen-galicia-paremos-la-megaminer%C3%ADa-contaminante?utm_source=action_alert&utm_medium=email&utm_campaign=24865&alert_id=SsbEvNAlGT_KIfrKHphPh
En toda Galiza, así coma no resto de España, milleiros de persoas asinaron en contra da megaminería contaminante. Mais a cousa vai máis aló, e hai convocada unha manifestación nacional o 2 de Xuño en Compostela contra a minería salvaxe, que sairá ás 12.00 da Alameda. Con esta manifastación pretendemos conseguir que a Xunta deixe de facer oídos xordos e de intentar convertir Galiza nunha mina.
Irma

luns, 29 de abril de 2013
Desde @s administrador@s do blog, propuxémonos, como unha idea a desenvolver, crear unha feira ecolóxica en Salvaterra de Miño, a nosa vila; mais antes de embarcarnos en semellante proxecto gostariamos de coñecer, aínda que fose un pouco, a opinión de todos e todas vós sobre os produtos ecolóxicos. Para iso creamos unha breve enquisa, á que podedes acceder picando no seguinte link:Pulsa aquí para contestar una encuesta. Anímovos a que a contestedes: non vos vai levar máis dun minuto e, quen sabe, ao mellor grazas a ela poderemos gozar dun mercado ecolóxico e natural na nosa propia vila!
Enquisa
A enquisa que se pode apreciar, no folleto, esta feita, para estimar a concienciación da xente co tema. Pode contestarse vía online tamén, se pincha a continuación:
Pulsa aquí para contestar una encuesta.
Gracias por participar.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)