venres, 24 de maio de 2013

Somos novos mais non parvos. Vivimos nun mundo con exceso de información. Podemos enterarnos do que pasa en todo mundo e en todo momento, pero sorprendentemente non nos enteramos do que pasa ao lado da nosa casa. E, máis sorprendentemnte, as cousas difúndense aínda menos se polo medio anda algún partido político, empresa, ou organismo estatal de importancia.

Isto mesmo sucede coa bomba da megaminería en Galicia, da que apenas se sabe nin se fala en ningures, pero que nos afecta a tod@s @s galeg@s de primeira man.
 Desde unha páxina de internet crearon un manifesto en contra deste futuro homicidio medioambiental, dirixido ao Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo. O manifesto está acompañado dun vídeo informativo e danos a oportunidade de asinalo. Fan falta moitas sinaturas máis, animádevos! Non deixedes que vendan o país, coa auga e coa vida non se negocia!

https://www.change.org/es/peticiones/que-no-arrasen-galicia-paremos-la-megaminer%C3%ADa-contaminante?utm_source=action_alert&utm_medium=email&utm_campaign=24865&alert_id=SsbEvNAlGT_KIfrKHphPh

En toda Galiza, así coma no resto de España, milleiros de persoas asinaron en contra da megaminería contaminante. Mais a cousa vai máis aló, e hai convocada unha manifestación nacional o 2 de Xuño en Compostela contra a minería salvaxe, que sairá ás 12.00 da Alameda. Con esta manifastación pretendemos conseguir que a Xunta deixe de facer oídos xordos e de intentar convertir Galiza nunha mina.

Irma

Ningún comentario:

Publicar un comentario